ABANDONOS NO BNG DA COMARCA

La Voz

BARBANZA

27 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Anda o BNG da comarca dando saltos de silveira. Menos mal que os frentistas teñen mellor amarrado aquelo da lealtade, do contrario hoxe podiamos estar a falar de conflictos en Rianxo, Ribeira, Noia e algún outro en cernes. I explícome: os abandonos de «históricos» como Tobías Betanzos, Lois López e Plácido Betanzos, «vendeuse» cun ata emocionante cansancio, tempo para a familia... e algunha que outra ocupación máis das de índole sentimental... Custa crer que homes que soportaron sonadas batallas, presionados social e políticamente, como a liderada por Pastor Alonso en Noia ou a loita polos títulos marítimo-pesqueiros en Ribeira, optaran por recoller e marchar, cansos, esgotados... Négome a crer que estes homes caeran presas do desánimo, do cansancio, das presións familiares... ¿Non terán que ver os abandonos ca convulsión que viven os nacionalistas, inmersos en loitas internas polo control do partido? Nunca o saberéi, pero a xente, os rivais políticos, apostan porque algo deso hai. Ós sustitutos quedalles un listón moi alto por superar. Eles mantiveron o BNG ca fronte alta cando ser nacionalista era como ter rabo, cornos e gadana. Resistiron maiorías absolutas aplastantes ca bandeira erguida, incluso nunha soedade arrepiante... e o premio final, para a casa porque xa cumpriron unha etapa e hai que deixar paso a outros. O Bloque non só non ten ningún compromiso de goberno na comarca, ca excepción de Carnota, senón que incluso mantén unha dura oposición en concellos nos que o PSOE está en minoría... Tanto bandazo pode ter reflexo nas urnas. O que queda por ver é si será positivo ou negativo. Xa o veremos.