Martínez non renuncia ás fortes sensacións que lle produce a interpretación, por moito que lle ofrezan a cambio. O seu é, o que se di, vocación. Gústanlle as interpretacións dos actores de verdade, como quere ser él. Pero, de tódolos xeitos, non desexa abandonar nunca o mundo da gastronomía, que é outra das súas paixóns. -¿Gustaríalle chegar a dirixir películas, como fixeron outros actores? -A min o que me gusta é ser actor. Quero estar no escenario. O teatro é vivo. Séntese a calor do público. É unha gran satisfacción, non só polo feito de recibir unha nómina a fin de mes. É un orgasmo acojonante ser actor. Para ser director hai que estudiar moito. Ademais, non quero deixar o restaurante para nada. -¿Que intérprete admira máis? -É difícil ter un único actor favorito, pero hai unha interpretación que me encanta. A de Marcello Mastroianni en Ojos negros. Tamén me gustan moito Marlon Brando, Robert de Niro, Anthony Quinn... Que sexan actores, actores. -¿Cre que no Barbanza hai suficiente interese pola formación artística? -Ultimamente vai mellorando a cousa, pero penso que hai que facer máis. Hai que dedicarlle máis tempo ó teatro, porque é unha actividade interesantísima. Gustaríame chegar á xubilación dirixindo un grupo teatral. Pero agora teño que aproveitar a oportunidade que teño diante. Esta serie, Terra de Miranda, creo que vai ser un grande éxito de público.