Os servicios dinamizan o lugar de Cimadevila

ANTON RGUEZ. GALLARDO BOIRO

BARBANZA

Foto cedida por DROGUERÍA PILI

O apoxeo da zona prodúxose na década dos vinte Ben entrada a década dos anos 20, o barrio de Cimadevila, ós servicios propios do concello de Boiro (administrativos, xudiciais e penitenciarios, recaudación de rentas públicas, ensino, sanidade ou comunicacións por correo), unía outros que contribuían a diversificar a súa oferta e, consecuentemente, a dinamizar a economía capitalina.

06 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Así, o seu comercio, a pesar de ser cativo e non representar competencia para o de vilas como A Pobra ou Noia, acadara xa certa dimensión. En boa parte eso foi debido ó empeño de persoas como Isabel Maestre, propietaria dun establecemento de variopinta oferta, onde se podía adquirir dende productos alimenticios ata útiles de ferretería, tecidos ou mesmo encargar un cadaleito, ó tempo que mantiña en producción unha fábrica de gaseosas, surtía de combustible ós poucos vehículos que daquela circulaban por Boiro e compraba ovos que logo exportaba ó extranxeiro vía porto de Vigo. Esforzo comercial Pero a evolución tamén foi posible debido ó esforzo de pequenos tendeiros, taberneiros, panadeiros, etcétera, que se foran establecendo no lugar e os seus arredores. A praza do peixe, donde á intemperie vendían as súas mercadorías pescas de Cabo de Cruz e Escarabote, e a feira de Espiñeira -tamén chamada do 22 por celebrarse neste día do mes-, complementaban o comercio local. Será nestos anos 20, cando cheguen ó barrio capitalino -certo que con bastante retraso- adiantos que suporían un cambio cualitativo na vida cimadevilán e boirense en xeral. Así, en 1927 -tal vez antes- o industrial Juan Somoza da de alta dous dos que deberon ser os primeiros automóbiles que houbo en Boiro. Tratábase dun Chevrolet de 14 cabalos e un Essex de 15, que Somoza destinaría mentras llo permitiron a transportar viaxeiros por festas, feiras e mercados. Liña de autobuses Tamén por estas datas, o doutor Torrado Baliño decide deixar de facer as visitas médicas a cabalo para comezar a facelas a bordo do seu flamante Chenard Walker. E, en unión do industrial de Vilariño Luis Muñiz Caamaño, embárcase no ambicioso, aínda que á postre frustrado, proxecto de unir Boiro, A Pobra e Ribeira cunha liña de autobuses urbanos.