Os centros educativos de Vilanova inician un programa sobre igualdade

La Voz VILANOVA / LA VOZ

VILANOVA DE AROUSA

A iniciativa aborda a educación emocional, a igualdade, a prevención do acoso escolar e a identificación de relacións tóxicas

20 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A concellería de Igualdade de Vilanova de Arousa iniciou no CEIP Plurilingüe San Bartolomé un programa de formación que se impartirá en todos os centros de educación primaria do municipio, e incluirá tamén accións formativas nos institutos para os rapaces de secundaria.

A iniciativa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e aborda a educación emocional, a igualdade, a prevención do acoso escolar e a identificación de relacións tóxicas. A primeira sesión estivo dirixida ao alumnado de quinto e sexto de primaria, no marco da proposta «Intelixencia emocional contra o bullying». A través dunha dinámica de grupo, esta formación busca que os nenos e nenas descubran como a intelixencia emocional pode contribuirá fomentar a corresponsabilidade, a igualdade e o respecto ás relacións. Nos centros de secundaria abordaranse as relacións tóxicas.