Esta é a oferta formativa do CDL de Vilanova para agosto

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

Martina Miser

Organiza cursos de carretilla-elevadora, caixeiro-repoñedor, manipulador de alimentos e navegación

02 ago 2023 . Actualizado a las 19:25 h.

O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Vilanova continúa en agosto coa súa programación formativa. O día 18 comeza un curso teorico-práctico de carretilla elevadora, transpaleta e apiladora de menos de 10.000 quilogramos; o 25 comeza un curso de caixeiro-repoñedor, que ademais das 8 horas de teoría inclúe 80 horas de prácticas en supermercados e hipermercados, e o 26 celebrarase un curso de manipulador de alimentos e alérxenos.

Ademais, todos os sábados en horario de mañá ou tarde e o domingo pola mañá, cunha duración de 6 horas, impártense cursos para obter a licenza de navegación, título obrigatorio para embarcacións de ata 6 metros de eslora e motos de auga sen límite de cilindrada para maiores de 16 anos, que permite navegar polo día ata 2 millas da costa.

Ata o 6 de setembro está aberto o prazo para inscribirse no curso de aplicador de produtos fitosanitarios, que desenvolverá a parte teórica as fins de semana do 16 ao 25 de setembro, e realizará o exame o 28 de setembro.

Para máis información das actividades pódese consultar o Facebook de Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova. Aquelas personas interesadas en realizar estas actividades formativas deberán inscribirse indicando o curso que queren realizar e os datos persoais (nome, enderezo e teléfono de contacto) enviando unha mensaxe privada ao Facebook do CDL ou un correo a javier.pineiro@vilanovadearousa.gal