Carta abierta de un hotelero a Gonzalo Durán: «Non pedimos axudas e moito menos esmolas»

La Voz VILANOVA / LA VOZ

VILANOVA DE AROUSA

Martina Miser

Xoán Hermida responde al alcalde, que atribuyó un escrito del sector a una maniobra «de la extrema izquierda»

07 feb 2021 . Actualizado a las 13:44 h.

El pasado viernes, un nutrido grupo de hoteleros de Vilanova de Arousa presentaron un escrito en el Concello en el que reclamaban fórmulas que les permitan hacer frente al complejo momento que atravesamos. El alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, no recibió con agrado esas peticiones, y atribuyó el gesto a intereses políticos. «Lo que no consiento es que venga un activista político de Pontevedra de la extrema izquierda y se ponga al frente de los hosteleros del pueblo. Me ofende que nos tomen por tontos. Eso es demagogia pura porque el Concello puede dar subvenciones, pero no puede quitar impuestos», indicó Durán. Este domingo, uno de los hosteleros, Xoán Hermida, le ha dado la réplica en una carta abierta. Dice así:

Estimado alcalde;

Primeiro presentareime. Aínda que somos familiares por parte de pai, deume a sensación a raíz das súas declaracións públicas que existía un descoñecemento absoluto sobre a miña persoa.

O meu orixe familiar é de Caleiro (iso imprime carácter como xa sabe). Son licenciado en historia e doutor en xestión pública. Desde hai 20 anos xestiono o Hotel Lago, que non vale cinco millóns, pero que para min ten un valor inmenso pois construíuse co sacrificio do meu pai, non sen algún obstáculo das administracións.

Efectivamente, como ben referiu en rolda de prensa, fun deputado autonómico durante 12 días. Tempo suficiente para comprobar en que lamazal se ten convertido a política española. Pouco despois abandonei toda militancia partidaria. Teño a mellor valoración das persoas que se dedican á política con honradez, sen miradas curtas e pensando no ben dos cidadáns. Algo cada vez menos frecuente.

Teño pasado, coma vostede, pero si o voto non fora segredo seguramente se sorprendería da papeleta que escollín nas pasadas eleccións autonómicas. A miña etapa partidaria rematou así que pode estar tranquilo, nunca encabezarei ningunha iniciativa que pretenda desestabilizar o seu ‘réxime’.

Sobre o de extrema esquerda, voulle confesar que valoro a Adolfo Suárez como o mellor presidente que tivo España e, a dia de hoxe, a Feijóo como o mellor presidente que tivo Galicia. Mire que radical son!

Este venres a totalidade dos hoteleiros de Vilanova (menos un) presentamos un escrito que se tivera a prudencia de ler antes de valorar, miraría que non ía de pedir axudas e menos esmolas.

Os dous elementos centrais solicitados eran: O primeiro, que impostos e taxas deberan, tal como expresou o presidente da Xunta de Galicia, ser compensados, pois non son ‘impostos revolucionarios’ senón cargas a actividades empresariais que a día de hoxe non podemos exercer de xeito regular; o segundo, e máis importante, que aproveitáramos a crise provocada pola Covid19 para establecer un dialogo, franco e aberto, entre o sector turístico e a administración local para convertela nunha oportunidade para o beneficio de todos os vilanoveses.

A pandemia foi a puntilla a un modelo de turismo que xa tiña grandes problemas estruturais. Se queremos reverter a situación as administracións e, obviamente, os empresarios do sector temos que facer un esforzo de reflexión e reorientación. Para iso faise necesario recoñecernos mutuamente e establecer unha mesa de traballo. Así de fácil!

Non lle molesto máis, xa que de seguro esta moi ocupado traballando polo ben dos veciños. Só, se mo permite, un consello: abandone ese populismo low cost ao que se ten subido. Tome como referencia a Feijóo e non a Ayuso.

Pola nosa parte, pola miña parte, a man está tendida para traballar polo ben común. Espero a súa chamada.

[@embed::00031612542306518198129]]