16 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O equipo de dinamización da lingua galega da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa está a organizar diversas actividades, abertas a todo público interesado, e coas que se pretende «promover» o uso do galego. Por unha banda, créase un club de conversa que se celebrará cada mes e que irá acompañado de actividades propias das diferentes épocas do ano. Tamén se porá en marcha un club de lectura, e ademais haberá tempo para organizar un concurso fotográfico de primavera, segundo se informou este mércores a través dun comunicado.