A cultura que se goza ao aire libre

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A.T.

A praia do Campanario acolleu a segunda edición da romería dos Lombos do Ulla

27 jul 2025 . Actualizado a las 12:08 h.

Entre as areas da praia do Campanario (Bamio, Vilagarcía) e a sombra que ofrecen unhas árbores próximas, desenvolveuse este sábado a segunda edición da Romaría dos Lombos do Ulla, na que artistas do máis variado (dos Quinquilláns a Reixa) ofreceron o seu traballo ao público nun espazo que invita a gozar da natureza... E a respectala como merece.