O Piñeiriño celebrará o San Xoán con sardiñas, churrasco e moita música

La Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A festa será na noite do día 23 coa actuación de Marbella a partir das 23 horas

07 jun 2025 . Actualizado a las 19:03 h.

Regresa ao Piñeiriño (Vilagarcía) o San Juan Festival. A festa comezará o día 23 de xuño ás dez da noite coa sardiñada e a churrascada, e a música arrincará coa Orquestra Marbella a partir das once. Despois chegará a quenda dos DJs, con Luigi Sánchez, Rubén Romero, MR J e Anxo Silva ao mando das operacións musicais ata ben entrada a madrugada e enriba dun escenario con miles de vatios de luz e son.

Desde a organización do evento aconsellan a quen viva en Vilagarcía que acoda andando para evitar problemas co aparcamento tendo en conta que o San Xoán de O Piñeiriño vai, tamén, moita xente de fóra da cidade.