Arousa Moza celebra este sábado o seu sétimo aniversario

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Cedida

Haberá xogos, obradoiros artísticos e «escape rooms» o sábado, 18 de maio, e toda a mocidade está convidada

17 may 2024 . Actualizado a las 13:18 h.

O colectivo Arousa Moza cumpre sete anos de existencia a vindeira fin de semana. A asociación quere celebrar este momento con toda a súa comunidade, para agradecerlle o apoio que lle brinda. Así que o sábado, 18 de maio, a praza de Galicia de Vilagarcía acollerá unha festa entre las dez e media da mañá e as dúas menos cuarto do mediodía.

Arousa Moza promete xogos, tradicionais e de mesa, obradoiros artísticos, escape rooms portátiles, música e máis sorpresas, ademais de postos de venda de camisetas colaborativas. Toda a rapazada está convidada.