O BNG quere un sistema propio que xestione as queixas cidadás en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Xabier Rodríguez aposta polo dsenvolvemento dunha ferramenta electrónica que permita seguir o estado das tramitacións

26 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O candidato do BNG en Vilagarcía, Xabier Rodríguez, presentou onte as súas propostas en materia de transparencia e participación cidadá. Entre outras cuestións, e á marxe da figura do Valedor do Pobo, o aspirante nacionalista entende que a capital arousá precisa un sistema propio que canalice as queixas e reclamacións dos veciños fronte as decisións municipais.

Alén disto, o Bloque aposta pola ampliación da Administración electrónica a través dunha amplicación ou sistema informático que permita a «rastrexabilidade dos procesos e trámites dentro do concello». Unha ferramenta que facilite información actualizada e fiable sobre este tipo de procesos.

En xeral, os nacionalistas vilagarciáns comprométense a manter un Concello aberto, impulsar a participación de todos os colectivos e entidades representativos, apoiar o tecido asociativo, procurar unha elaboración participativa dos orzamentos municipais e unha avaliaciónn posterior da súa eficacia. Máis aló dunha transparenci amáxima, Rodríguez comprométese a crear o Consello Social da Lingua, un Consello da Mocidade e un Observatorio do Comercio Local.