Un recital da Mesa das Verbas abre o programa cultural de agosto de Vilagarcía
VILAGARCÍA DE AROUSA
Será o sábado, desde as 20 horas na praza de Galicia
30 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación Cultural Mesa das Verbas estrea a programación cultural do Concello de Vilagarcía do mes de agosto cun acto a celebrar este sábado, ás 20.00 horas, na praza de Galicia.
Será a edición 102 da Mesa das Verbas, que o colectivo aproveitará para presentar o número tres da revista poética Anaco, editada polo servizo de publicacións do Concello de Vilagarcía. Logo farase un primeiro pase musical a cargo de Os Terribles de Arousa, logo celebrarase un recital poético e verbal, para finalizar, de novo, con música.
Ademais da conveniencia de realizar o acto nun espazo ao aire libre, a organización adoptará outras medias impostas pola nova normalidade como a redución do aforo a cen persoas sentadas e se disporán os accesos para cumprir as distancias de seguridade. Prégase ao público que chegue con antelación suficiente para distribuílo nos asentos.