A Xunta investirá 38.000 euros en diversas melloras na estación de buses de Vilagarcía

A media  forma parte dun paquete de actuacións en varios puntos de Galicia


vilagarcía / la voz

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de adxudicar o contrato para executar as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Vilagarcía de Arousa. A intervención, que finalmente foi encargada á empresa OHL Ingesan por un investimento de case 38.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de pouco máis dun mes de duración.

Os traballos centraranse na limpeza da cuberta ou na realización de melloras de accesibilidade aos aseos. Tamén se efectuará a rehabilitación de elementos como a valla perimetral, os surtidores en desuso, bancadas de espera, papeleiras deterioradas ou no canalón da marquesiña de dársenas. Ademais levarase a cabo a instalación dunha pantalla informativa que facilitará os desprazamentos dos usuarios.

Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Cambados, Ferrol, Lalín e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.

Outras actuacións

A Xunta, mediante estas accións, busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Na vila do Albariño, a actuación prevista pasa pola instalación dunha pantalla informativa, melloras de accesibilidade e substitución do falso teito.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta investirá 38.000 euros en diversas melloras na estación de buses de Vilagarcía