O militante máis antigo do BNG e ademais antigo panadeiro

José era de Vilagarcía, pero sempre pedía melloras para o seu barrio de Pontevedra


pontevedra / lA voz

Os veciños da barriada de Fontesanta, un deses lugares de Pontevedra onde case todos os residentes xa peitean canas e se coñecen de antigo, atopáronse antonte cunha mala noticia; a do falecemento de José Lorenzo Lago, quen para eles sempre foi «José o panadeiro», xa que durante moitos anos traballou en fornos da cidade. Tamén mostrou a súa tristura o rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, que coñecía ben a José, posto que este era nada menos que o militante máis antigo do BNG en Pontevedra, xa que se afiliara aló polos anos oitenta, e ademais ía visitalo cada ano polo seu aniversario dende que José se convertera en centenario. A última vez que o alcalde lle levou un ramo de flores foi en marzo do 2017, cando José soprou as velas dos 103 anos.

José, que era natural de Vilagarcía, estaba casado con María Fernández e tiña tres fillas. Igualmente, contaba con netos e bisnetos. Segundo explicaban onte os seus veciños, tiña un carácter afable e facíase querer. Ao parecer, el máis a súa familia viviron antes noutro punto de Pontevedra e hai xa moitos anos desembarcaron en Fontesanta, onde se quedaron para sempre. Aínda así, ás veces José e a súa dona pasaban tempadas en Vilagarcía, xa que el tiña familia na Arousa.

O alcalde Lores, que chegou a ter a José como paciente cando exercía de médico, lembraba onte as conversas con el, e o preocupado que sempre estaba polo seu barrio, Campolongo. Dicía o alcalde que adoitaba falarlle de que había que recuperar unha fonte. José, que quedou ás portas de cumprir os 104 anos, foi enterrado onte no cemiterio de Salcedo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O militante máis antigo do BNG e ademais antigo panadeiro