O Vilagarcía T.M. coqueteou coa sorpresa ante o Arteal


vilagarcía / la voz

Perdeu 4-0, pero nas filas do Vilagarcía T.M. quedaron coa sensación de que se puido ter pescado un inesperado empate a 2 na cancha e fronte ao rival en cuestión. Un Arteal-Santiago que tras a súa vitoria do pasado sábado avanza terceiro na clasificación da Superdivisión, a máxima categoría do tenis de mesa español, na que o conxunto arousán vive a súa estrea.

E é que sen o belga Jean Lauric, o portugués Jorge Daniel Teixeira a piques estivo de dar a gran sorpesa e superar o croata Miho Simovic. De feito, o luso arrincou gañando o primeiro xogo, 10-12, e cedendo 13-11 o segundo, perdendo por outro axustado 11-9 no cuarto logo de encaixar un 11-6 no anterior.

Máis preto de puntuar o tivo inda Sergei Nigeruk, que forzou o quinto xogo con José Mendes: 11-4, 12-10, 9-11, 9-11 e 11-7. Andrés Correa, 11-5, 11-9 e 11-3 ante Rodrigo Gilabert, e Nigeruk, 11-7, 11-4 e 11-5 con Simovic, non puideron xa endereitar o partido.

Tras catro xornadas, o Vilagarcía T.M. é antepenúltimo cun triunfo antes de recibir este domingo o líder invicto, o Cajasur Priego T.M.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Vilagarcía T.M. coqueteou coa sorpresa ante o Arteal