Vilagarcía volta aos Xogos do Eixo Atlántico seis anos despois

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

05 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, despedíu onte no salón nobre do consistorio os sete integrantes do equipo de atletismo adaptado que representan, hoxe e mañá, a capital arousá no seu regreso aos Xogos do Eixo Atlántico. Unha competición con cadencia bienal, na que participan as 34 cidades de Galicia e do norte de Portugal, e á que a vila non acudía desde o 2011.

Con Isidoro Canabal á fronte, a expedición local partía onte cara Lugo con sete atletas adaptados do Club Polideportivo de Educación Especial de Vilagarcía para disputar a que é a duodécima edición dos Xogos do Eixo Atlántico.