Man de obra cualificada, solo industrial e absentismo laboral, principais inquedanzas dos empresarios de Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Martina Miser

O alcalde, José María Bello Maneiro, reuniu onte aos representantes das actividades asentadas no municipio no seu xantar anual

03 feb 2026 . Actualizado a las 21:05 h.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, reuniu este martes os empresarios que desenvolven a súa actividade no  municipio no seu xantar anual. Desta volta, no restaurante Couceiro. Nel tomou parte o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o secretario xeral de Emprego,Pablo Fernández; o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, e estaba prevista a presenza de Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. Extrugasa, Exlabesa, ODL, Comercial Dialsea, Transportes Jamardo, Electricidade Devesa, Montaxes Eléctricas Víctor Castiñeiras, Grupo Barton, Carpintería Valdeza, Transportes Touceda, Galival Music, Soluciones Metálicas Jamardo, Distribuciones Alfonso Lema e Serrerías Rodríguez foron as empresas representadas na reunión, na que se abordaron algunhas das principais problemáticas do sector. Outras compañías, como Urovesa e O Forno Garden non puideron asistir por compromisos de última hora.

Entre ese retos que foron analizados se atopan a necesidade de solo, a falta de man de obra cualificada e o absentismo laboral. Bello Maneiro salientou, precisamente, a necesidade de que Valga conte canto antes co seu novo parque empresarial para resolver ese problema de espazo. O rexedor garantiu aos representantes das compañías asentadas no concello o seu compromiso co seu crecemento no que estea na man da Adminstración local. «Se apostan por Valga, nós seguiremos apostando por elas», asegurou o alcalde.