Valga renuncia á súa batalla

VALGA

MARTINA MISER

O Concello decide suspender a recreación de Casaldeirigo e o Encontro cos Maiores pola crise sanitaria

16 abr 2020 . Actualizado a las 15:47 h.

O Concello de Valga tomou nas últimas horas a decisión de suspender dúas celebracións populares, con moito arraigo na localidade, que estaban previstas para as próximas semanas. Á vista de que a situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 se ten prolongado, non consideran dende o goberno local que se dean as condicións para a súa realización.

A primeira das citas trátase do Encontro cos Nosos Maiores, que ten lugar tradicionalmente durante o mes de maio e que este ano cumpriría a súa XXIV edición. O segundo é a recreación da Batalla de Casaldeirigo, que estaba prevista para o último sábado de maio, segundo marca a tradición.

Á vista de que o estado de alarma aínda se prolongará durante, a lo menos, dúas se manas e de que, aínda que se levante o confinamento, non sería nin aconsellable nin responsable celebrar este tipo de eventos con aglomeración de persoas, o goberno local anuncia a suspensión das dúas celebracións.

A evolución da pandemia determinará se, posteriormente, se fixan novas datas ou se, polo contrario, quedan definitivamente anuladas. Pero nestes momentos non toca aínda pensar niso. Polo de agora o que hai que coidar é a saúde. Así que xa saben, quede na casa.