«O son das palabras» chega este xoves ao auditorio de Mosteiro

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

MARTINA MISER

A proposta mestura composicións orixinais con rítmica e harmonía influenciada pola tradición galega, pola experimentación, o rock e pola línea contemporánea do Jazz e R&B moderno

18 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio de Mosteiro (Meis) acolle este xoves, a partir das oito da tarde, a posta en escena de Proxecto X. O son das palabras, inspirada na creación literaria da escrita galega como Susana Sánchez Arins, Xela Arias, Pedro Feijoo, Iolanda Zúñiga, ou o poeta Florencio Delgado (autor homenaxeado nas letras Galegas deste ano), construíndo así un repertorio musical único.

O son das palabras mestura composicións orixinais con rítmica e harmonía influenciada pola tradición galega, pola experimentación, o rock e pola línea contemporánea do Jazz e R&B moderno. Os músicos son Mónica de Nut, á voz; Virxilio da Silva, na guitarra; Paco Charlín, no baixo eléctrico, e Max Gómez, na batería A actividade está organizada pola Anpa O Loureiro, do CEIP da Armenteira, e patrocinada pola Xunta. A entrada é de balde.