O Concello de Catoira renovará o firme das pistas das Penas e Fabeira

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Concello de Catoira

A obra sufragarase cunha subvención da Agader de 48.506 euros

27 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira vai renovar o firme das pistas de As Penas e Fabeira, en Oeste. O goberno local presentou un proxecto e conseguiu unha subvención da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural que cubrirá a totalidade do orzamento, de 48.506 euros.

Nas Penas actuarase sobre 457 metros e unha superficie de 1.500 metros, mentres que na de Fabeira a lonxitude será de 288 metros e a superficie de 1.400 metros cadrados. Nelas faranse melloras do firme existente con novas capas de rodadura máis axeitadas.