O mal tempo obriga a adiantar ao venres a Festa da Mocidade

S.D. CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

Será igualmente na praza Alfredo Brañas a partir das 21 horas

18 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cambados cambia a data da primeira edición da Festa da Mocidade, que será este venres en lugar do sábado, cando se prevén chuvias. O horario e a ubicación mantéñense: será a partir das 21 horas na praza de Alfredo Brañas.

A actividade contará con animación a cargo do DJ local Mavdba e a empresa OzoAventura.

O sábado proxectarase o filme San Simón no auditorio ás 19 horas, con entrada de balde ata completar aforo. Contará coa intervención do director Miguel Ángel Delgado e do actor local, Flako Estévez.