Un mural para as redeiras no instituto Asorey

La Voz

CAMBADOS

Martina Miser

A obra de Gerardo Rodríguez «Chere» e Susana Ferradás foi inaugurada este mércores

07 jun 2023 . Actualizado a las 18:48 h.

As redeiras teñen desde hai uns días unha escultura dedicada a elas no paseo de Ribeira da Mouta (Cambados) e desde hoxe contan cun mural na mesma vila, en concreto no instituto Francisco Asorey, obra de Gerardo Rodríguez «Chere» e Susana Ferradás. Con elo quere facerse un recoñecemento e darlle visibilidade a este oficio.