Area da Secada: cando os feitos falan por si sos

Luis Arosa ALCALDE DE A ILLA DE AROUSA

A ILLA DE AROUSA

MARTINA MISER

A reordenación do tráfico no entorno desta praia da Illa ten dado os seus froitos, razona o alcalde

16 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Quero compartir con quen le isto un cambio que, aínda sendo pequeno, di moito de como se poden mellorar os espazos públicos cando se fan as cousas con criterio. Hai un tempo, a Area da Secada tiña un problema real: coches aparcados en ambos os marxes, practicamente uns enriba doutros en moitas ocasións, ocupando incluso os cortalumes que por seguridade deberían quedar sempre libres. Camiñar por alí con tranquilidade era case imposible.

E non falamos só dunha molestia: durante os incendios de 2023 e 2024, por exemplo, os coches ocupaban os cortalumes e o marxe esquerdo, os bombeiros non podían pasar, e o lume chegou a estar preto dos propios vehículos. Por iso se insiste en que os cortalumes e o marxe esquerdo deben quedar sempre libres: non é un capricho, é a diferenza entre que calquera servizo de emerxencia —bombeiros, ambulancia…— poida acceder sen atrancos ou non, e entre controlar un incendio ou outra emerxencia ou que se descontrole por non poder acceder.

Hoxe a imaxe é outra. As prazas de aparcamento están pintadas e ben sinalizadas. No marxe esquerdo, sinxelamente, xa non aparca ningún vehículo: non fixo falta nin poñer multas, porque a xente respectou o espazo desde o principio, dende o primeiro momento. Os cortalumes están limpos e libres, tal como deben estar. E onde antes había unha fileira de coches, agora hai persoas camiñando con tranquilidade.

Este tipo de cambios non se ven todos os días, pero cando pasan merece a pena analizalos e contalos. Son a proba, a demostración, de que ordenar calquera espazo con criterio fai que gañemos todos, veciños e visitantes, por igual, e que calquera vehículo de emerxencia teña vía libre neses momentos nos que máis falta fai.