Conchas para atraer novos lectores na biblioteca da Illa

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

MARTTINA MISER

Continúan as actividades de divulgación da cultura mariñeira

11 jun 2025 . Actualizado a las 09:43 h.

Na biblioteca municipal da Illa de Arousa xa levan feito varias actividades nas que os nenos pintan y decoran conchas —a última este martes con alumnos de cinco anos do Colexio Internacional SEK Atlántico que estiveron de visita no municipio— e é tal o éxito desta iniciativa que estase a valorar facer unha Ruta das Conchas, que iniciaría no Xardín das Traballadoras da Conserva e tería continuidade cun itinerario inspirado na cultura marítima da vila e, de paso, daría visibilidade ás creacións dos cativos que, coma onte, encheron de cores conchas de vieira.