Ilusión polo sorteo que o luns deparará rival no primeiro cruce da Copa del Rey
AROUSA
O Arousa apunta a ir a medirse cun Primera Federación
04 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Arousa é un dos 112 equipos que mañá luns, a partir das 13.00 horas, comezarán a coñecer cadanseu rival na primeira rolda da Copa del Rey 2026/27. Un privilexio que o conxunto vilagarcián gañou como premio engadido ao seu título de campión do Grupo 1 da Tercera Federación a tempada pasada.
As bases do sorteo, que exclúe ata a rolda de dezaseisavos os catro participantes na vindeira edición da Supercopa de España —FC Barcelona, Real Madrid, Real Sociedad e Atlético de Madrid—, fixan un criterio de proximidade xeográfica para os emparellamentos, dividindo segundo isto os 112 participantes en catro grupos. Sendo no bombo seis os conxuntos de Tercera RFEF, semifinalista de Copa Federación e dous procedentes das eliminatorias previas entre cadros do fútbol modesto, e con tan só tres primeiras —Celta, Racing de Santander e Dépor— e catro segundas —Oviedo, Burgos, Sporting de Gijón e Real Valladolid—, o máis probable é que ao Arousa lle toque medirse a un Primera Federación. O seu técnico, Gonza, declarou: «Fainos moita ilusión, é o premio ao feito a tempada pasada».