Martín Rey corre en Francia a Mercan?Tour Classic

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martín Rey, diante do autobús do seu equipo na súa participación no Gran Camiño.
Martín Rey, diante do autobús do seu equipo na súa participación no Gran Camiño. JOSEMA LOUREIRO

O ciclista vilagarcián do Burgos-Burpellet BH integra un septeto de escaladores puros

02 jun 2026 . Actualizado a las 08:09 h.

O ciclista vilagarcián do Burgos-Burpellet BH, Martín Rey, competirá mañá na Mercan’Tour Classic Alpes-Maritimes, clásica de alta montaña incluída no calendario das FDJ United Series (Copa de Francia). O equipo español acudirá cun septeto integramente formado por escaladores, con José Manuel Díez, con Sergio Chumil e con José Luis Faura á fronte do bloque. Sinuhé Fernández, Hugo de la Calle e os profesionais de primeiro ano Adrián Fajardo e o propio Martín Rey completan a expedición.

Con saída na localidade de Puget-Théniers, no sureste de Francia, a clásica conta con 152 quilómetros de percorrido e 4.300 metros de desnivel acumulado. O primeiro obstáculo será o porto de La Colmiane, 16 quilómetros ao 5 % de desnivel, co Col de la Couillole, outros tantos quilómetros ao 7 %, precedendo as dúas ascensións á estación de esquí de Valberg, cada unha por unha vertente diferente, a última, de 14 quilómetros ao 6 %.