Maruxa Alfonso explicou aos rapaces de 1.º da ESO os segredos da profesión informativa
20 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Os alumnos de 1.º curso da ESO do colexio Salesianos de Cambados recibiron esta semana a visita da xornalista Maruxa Alfonso. Na charla, Maruxa explicou como redactar unha nova, como se obtén información e outros segredos da profesión. Tamén fixo especial fincapé na importancia de contar cun espírito crítico fronte as loiadas ou noticias falsas que circulan nas redes sociais. Como parte da actividade, o alumnado tivo a oportunidade de redactar a súa propia nova sobre un traballo que os rapaces están a facer no colexio para dar voz aos nenos que a guerra calou malia esforzárense nos seus centros respectivos.