O Salón García acollerá a entrega de premios do concurso de poesía Xaquina Trillo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A cita será este venres 20 de febreiro

18 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Salón García de Vilagarcía acollerá o venres, 20 de febreiro de 2026, o acto de entrega de premios da quinta edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Xaquina Trillo. A cita cultural, que comezará ás 20.30, servirá para recoñecer o traballo dos poetas premiados nun certame que homenaxea a figura da escritora.

A gala contará coa colaboración musical de Xosé Duarte, quen porá a nota sonora á xornada de recoñecemento literario. O evento está organizado pola asociación Mesa das Verbas, en colaboraación co Concello de Vilagarcía, Culturea, o Centro Comercial Arousa e a Deputación de Pontevedra.

Un referente no Salnés

O concurso, que xa acada a súa quinta edición, reafírmase como un dos referentes para a promoción da creación lírica en galego na comarca do Salnés. A organización convida a toda a cidadanía vilagarciá a participar nesta entrega de premios.