O PP vilagarcián pide que os centros veciñais sexan cedidos ás asociacións durante cinco anos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Ana Granja, voceira do Partido Popular en Vilagarcía
Ana Granja, voceira do Partido Popular en Vilagarcía Martina Miser

Os conservadores argumentan que esta medida permitiría que os colectivos optasen a subvencións da Deputación de Pontevedra

23 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Partido Popular de Vilagarcía levará ao próximo pleno municipal unha moción para solicitar ao goberno local unha modificación dos convenios de colaboración coas asociacións que xestionan os centros socioculturais da localidade. O obxectivo é ampliar a duración dos mesmos a mínimo cinco anos, para que deste xeito poidan optar ás subvencións da Deputación de Pontevedra, que esixe este requisito.

«Con esta medida técnica tan sinxela, as entidades veciñais poderán acceder a importantes liñas de financiamento externo», explican os populares.

Neste sentido, a Deputación de Pontevedra conta co Plan Máis Provincia Comunitaria, que ofrece axudas específicas de entre 6.000 e 10.000 euros para a reforma, mellora e compra de equipamento nos locais . «Actualmente, os convenios que firma o Concello son só por dous anos. Isto supón un muro burocrático que deixa ás nosas parroquias fóra de xogo e sen posibilidade de recibir cartos», lamenta a formación que lidera Ana Granja,