Araceli Bugallo gaña o primeiro torneo da Liga Máster

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Araceli Bugallo, nunha foto de arquivo
Araceli Bugallo, nunha foto de arquivo Martina Miser

A tiradora cambadesa volveu brillar no seu paso por Madrid

14 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A tiradora cambadesa do Compostela Esgrima, Araceli Bugallo, fíxose co triunfo final no primeiro torneo da Liga Aeve Máster de espada feminina.

Nas instalacións do Club Esgrima Madrid, Bugallo superou a fase de poule con cinco vitorias e dúas derrotas por un punto, finalizando no máis alto do podio ao termo das eliminacións directas. A súa vindeira cita será o día 31, no TLM Nacional, e o 1 de febreiro, no Ránking Absoluto Galego.