Ribadumia blinda os seus servizos de conciliación para nenos ata 3 anos cunha axuda

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

AROUSA

Casa consistorial de Ribadumia
Casa consistorial de Ribadumia MONICA IRAGO

A rede municipal de apoio chega tamén ata as familias con rapaces ata 6 anos

09 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Os servizos de conciliación para nenos de 0 a 3 anos do Concello de Ribadumia veñen de ser blindados coa concesión da bolsa para a liña de coidados profesionais da última convocatoria da Consellería de Política Social e Igualdade. Os 55.000 euros recibidos supoñen o importe máximo fixado nas bases desta axuda autonómica, ao abeiro das subvencións do Programa do Plan Corresponsables no eido local cofinanciadas pola UE.

Desde o Concello de Ribadumia animan a toda persoa ou parella que precise dos correspondentes servizos a tirar dos mesmos a fin de afinar na conciliación familiar. Cun horario de 7.30 a 19 horas, os usuarios poden optar por xornada continua ou partida, ademais de polo servizo de comedor. Os nenos e nenas poderán facer uso dos servizos de conciliación un máximo de once meses ao ano.

A día de onte eran 91 rapaces de 0 a 3 anos, e outros 33 de 3 a 6 anos os beneficiados por esta liña de apoio municipal, co Concello, salienta, reafirmando a importancia de seguir impulsando este tipo de axudas a prol das familias.