O pianista James Rhodes anima á participación no festival Solifest do Piñeiriño
AROUSA
A través dun vídeo nas súas redes sociais convida aos seus seguidores á achegarse á cita, que celebrará a súa terceira edición o 19 de abril do 2026
26 mar 2026 . Actualizado a las 20:40 h.Con cada nova edición, o Solifest, o festival solidario de música e actividades do barrio vilagarcián do Piñeiriño, gaña adeptos máis relevantes. O último en sumarse á causa foi o pianista español de orixe británica James Rhodes, quen compartiu nas súas redes sociais un vídeo animando aos seus seguidores a formar parte activa desta cita. «Ola, meus!», saudando con marcado acento, pero nun excelente galego, recoñeceu a importancia de levar a cabo iniciativas coma as deste festival, que celebrará a súa terceira edición o 19 de abril do 2026: «Oxalá puidese estar aí en persoa», declarou.
Na súa anterior edición, o Solifest, iniciativa organizada pola asociación veciñal Breogán, recadou preto de 8.000 euros, os cales foron destinados á mellora das instalacións do centro de Amencer Princesa Letizia.