20 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O BNG de Valga vén de acompañar uns quince veciños da parroquia de San Miguel á Comisión de Agricultura do Parlamento galego, na que o deputado Luís Bará reclamou transparencia e información sobre o proxecto de polígono agroforestal que a Xunta impulsa nesta zona do municipio. Os afectados, pertencentes ás aldeas dos Martores, As Laceiras e Os Vilares, acudiron á formación nacionalista «logo de dous anos de silencios, contradicións e falta de claridade» dos que acusan tanto a Administración autonómica coma o Concello.