O resto de grupos do pleno aprobaron unha proposta que incluía nomear persoa non grata ao primeiro ministro israelí
06 sep 2025 . Actualizado a las 09:09 h.Pese a contar con dous únicos puntos a tratar na orde do día, o pleno da corporación de Ribadumia do xoves estivo marcado pola lea política. Desta volta, o orixe foi a presentación dunha moción de Somos Ribadumia condenando o xenocidio que Israel está a cometer en Gaza, propoñendo nomear persoa non grata o primeiro ministro hebreo, Benjamin Netanyahu, instar ao Goberno de España a romper relacións diplomáticas con Israel, deter a compra-venda de armamento con este país e retirar a bandeira da UE temporalmente pola súa actitude e actuación ante o conflito.
A moción foi apoia polo PSOE e polo BNG e tirada polo PP. Somos cualifica de «actitude covarde» a amosada polo alcalde, David Castro, polo non do seu grupo, e por non querer tomar a palabra, delegando a posición do PP na edil Mar Rey, á que Somos acusa de optar polo insulto e polo desprezo.