Fíxoo logo dunha xeira de ensaios que comezaron o día de San Xoán no Fogar do Pescador, baixo a dirección de Álvaro Cardalda, e que contaron cun notable incremento de participación
22 jul 2025 . Actualizado a las 20:04 h.A importancia de Vilaxoán Canta coma unha das meirandes experiencias de canto colectivo que hoxe en día poden apreciarse en Galicia non reside unicamente na grande participación que o evento é quen de atraer. Tampouco simplemente no feito de que constitúa, logo de 43 edicións, un dos sinais de identidade máis fermosos do pobo arousán. Tamén gaña importancia por ser a única actuación coñecida na que non son os músicos que dominan o escenario quen levan o peso dos alalás, senón o público que entoa aos seus pés. Onte, Vilaxoán volveu cantar. Fíxoo logo dunha xeira de ensaios que comezaron o día de San Xoán no Fogar do Pescador, baixo a dirección de Álvaro Cardalda, e que contaron cun notable incremento de participación. Por suposto, tamén coa súa versión infantil. foto mónica irago