Vilagarcía crea un formulario para que asociacións e comisións soliciten a Banda de Música
AROUSA
As peticións deben ser presentadas por rexistro ata o 31 de marzo
25 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A concellería de Cultura de Vilagarcía, dirixida por Sonia Outón, vén de crear un formulario para que asociacións veciñais e comisións de festas soliciten a actuación da Banda de Música Municipal no 2025, no marco do convenio anual co padroado da Banda. «Queremos facilitar e ordenar o trámite. Antes facíase cunha instancia xenérica, agora hai unha solicitude concreta», explicou a concelleira.
O formulario está dispoñible na web municipal e na sede electrónica. As solicitudes presentaranse por rexistro municipal dende o 25 de xaneiro ata o 31 de marzo. As anteriores instancias xenéricas serán válidas, pero desde agora só se aceptarán as novas solicitudes. Debe indicarse o tipo de actuación (pasarrúas, procesión ou concerto), a asociación solicitante, parroquia, data e hora. Están previstas 24 actuacións, unha por parroquia, atendendo á orde de recepción.
As solicitudes fóra de prazo quedarán en lista de agarda. As anulacións deben comunicarse con 48 horas de antelación. Os concertos durarán entre 45 e 60 minutos e celebraranse en fins de semana ou datas festivas. Para solucionar calquera dúbida cómpre contactar con cultura@vilagarcia.gal ou 986 512 600. Tamén se pode escribir ao correo da Banda de Música: concertbandvilagarcia@gmail.com.