O Revenidas, finalista en dúas categorías dos Iberian Festival Awards

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Christian Pérez

Optará aos premios nas categorías de Mellor Foto de Festival e de Mellos Festival Lusófono e Hispánico

01 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Revenidas de Vilaxoán é finalista en dúas categorías dos prestixiosos premios Iberian Festival Awards 2024. Os galardóns, que recoñecen as contribucións e logros dos organizadores de festivais e outros actores da industria en España e Portugal durante o ano anterior, contan co Revenidas entre os finalistas na categorías de Mellor Festival Lusófono e Hispánico e de Mellor Fotografía de Festival.

A gala de entrega de premios da oitava edición dos Iberian Festival Awards terá lugar en Granada o 15 de marzo.

O ano pasado o Revenidas celebrou a máis multitudinaria das súas 20 edicións, con 25.000 asistentes e conseguindo vender os seus abonos case un mes antes da realización do evento, grazas a un cartel con gran presenza feminina, cunha reafirmada aposta pola música galega e con grandes artistas do panorama nacional e internacional como Ska-P, Desakato, Zoo, Ana Tijoux, Sara Hebe, Panteón Rococó, Los Chikos del Maíz ou Rodrigo Cuevas. É precisamente Rodrigo Cuevas o protagonista da imaxe que conseguiu ser finalista na categoría de Mellor Foto de Festival. Por outra banda, o Revenidas é tamén finalista na categoría Mellor Festival Lusófono e Hispánico, que ten en conta os festivais celebrados en países iberoamericanos e/ou de fala portuguesa.