Os plenos da Illa poderán verse en directo por internet

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O servizo de transmisión será posible nuns meses grazas aos fondos Next Generation que xestiona a Deputación

03 ene 2024 . Actualizado a las 14:17 h.

O pleno da Illa aprobaba hai dous anos unha moción do BNG polo que se acordaba a gravación e publicación das sesións plenarias. Será no 2024 cando se lle dea cumprimento a esta demanda grazas aos fondos Next Generation. A Deputación de Pontevedra vén de acordar a contratación da implantación dunha plataforma de videoactas e retransmisión de plenos dos concellos da provincia por un importe sen o IVE de 462.000 euros, e A Illa entra no lote. «Así pois, en poucos meses poderemos contar con este servizo de retransmisión en directo dos plenos e tamén en diferido», segundo o concelleiro de Servizos, Manuel Suárez.