Escuadra Arlequinada xa é peña

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O colectivo de afeccionados do Arousa celebrou a súa asemblea constitutiva, tras a que recibiron a visita do alcalde e do concelleiro de Deportes de Vilagarcía

01 oct 2023 . Actualizado a las 11:52 h.

Aquel grupo de seguidores do Arousa que empezaron a conxeniar durante a exitosa fase de ascenso a Segunda RFEF é desde onte unha peña formalmente constituída. Unha formalidade completada no Centro Comercial Arousa coa primeira asemblea do colectivo, que elixiu a José González «Pepín» como presidente. Tras a asemblea, a directiva da peña contou cunha visita do alcalde e co concelleiro de Deportes de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela e Carlos Coira.