O libro foi presentado onte na sé do Faiado da Memoria
23 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A proclamación e derrota da Comuna de París, en 1871, constitúe un dos capítulos máis inspiradores polo que respecta ás revoltas de carácter progresistas e libertario de cantos se deron no convulso século XIX. O xornalista, escritor e humorista Carlos Meixide (Vilagarcía, 1977) parte daqueles feitos para construír Viva a Comuna!, unha novela de seiscentas páxinas que respiran compromiso, xustiza e tamén fracaso. A publicación, que se Xerais tirou do prelo este mesmo ano, foi presentada onte na sé do Faiado da Memoria, xunta os xardíns de Ravella, na capital arousá. foto mónica irago