Un grupo de alumnos de segundo de bacharelato formaron unha banda á espera de que o venres chegue a pianista Aida Saco Beiroa
14 jun 2023 . Actualizado a las 09:56 h.Anda o instituto do Carril, en Vilagarcía, mergullado nas actividades da súa Semana da Música. Onte á mañá, un grupo de alumnos de segundo curso de bacharelato puxeron mans á obra e, aferrando os seus instrumentos, ofreceron un concerto aos seus compañeiros no vestíbulo do centro. A programación musical continúa, e ten unha parada inmellorable este mesmo venres. Ademais de dúas conferencias sobre a evolución da radio e a música electrónica, ambas na biblioteca, Dj Samuel actuará na cafetería e volverá a Carril unha das súas estudantes máis queridas: a pianista Aida Saco Beiroa.