O Asmubal Meaño afina a súa defensa para asaltar o feudo do líder

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Visitará este sábado a un Lanzarote-Puerto del Carmen que só perdeu un partido en toda a Liga

21 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado, desde as sete da tarde, hora peninsular, o Inelsa Asmubal Meaño tentará conseguir o que ningún equipo da Liga foi quen de acadar a falta tan só xa de tres xornadas para a conclusión do campionato regular: puntuar na cancha do líder. Un Lanzarote-Puerto del Carmen que gañou 22 dos seus 23 partidos esta temporada, cedendo tan só unha derrota, na cancha do Hand Vall Valladolid o 15 de outubro na quinta semana da competición.

O Asmubal Meaño presentaráse na cancha canaria coa confianza que lle dan as súas oito vitorias consecutivas, saberse segundo na táboa pase o que pase o sábado no pavillón de Tías, e ver como o líder estivo a piques de sufrir a súa segunda derrota do curso, gañándolle por un axustado 29-30 ao potente Carballal.

O adestrador do cadro meañés adiantou onte que centrará as dúas sesións de adestramento desta semana no traballo defensivo do seu equipo. Por aí, di Juan Manuel Costas, pasan as opcións do Asmubal de puntuar en Lanzarote, a onde viaxará na tarde do venres en voo directo desde Santiago.