«Estamos cos mellores», di Luisito na súa valoración do primeiro terzo de Liga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O técnico do Arousa sinala os 60 puntos inda por xogar

29 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Desgustado. Así marchou a comer o domingo o adestrador do Arousa tras o empate a 1 do seu equipo no campo do Silva coruñés: «Co esforzo e co bo fútbol que fixemos é para estar contentos, pero voume desgustado, porque se alguén mereceu gañar, fomos nós». Circunstancia que podería ter sido ben diferente de ter sinalado o colexiado do encontro os dous penaltis, un en cada parte, a prol do Arousa que Luisito considera «claros non, o seguinte».

Con todo, asumido o novo tropezo, que eleva a 12 de 30 os puntos cedidos polo cadro vilagarcián ata o momento, o técnico arlequinado valora como razoablemente positivo o primeiro terzo de Liga completado polo seu colectivo: «A Liga podes perdela nos dez primeiros partidos e gáñala nos dez últimos. Nós nos primeiros dez non a perdemos, estamos aí cos mellores», a 3 puntos do Racing Vilalbés e a 6 do líder, Deportivo-Fabril.

Luisito considera que no Arousa: «Non nos podemos comparar co Fabril, que ten moita base da temporada pasada. Nós temos que ir ao noso, e seguindo como estamos, inda hai 60 puntos por diante, e 60 puntos dan para moito. Isto vai dar moitísimas voltas».

El Arousa se deja dos puntos ante un Silva prácticamente mudo en ataque (1-1)

La Voz

El Arousa volvió a sangrar puntos. Ayer, en la décima jornada de Liga, el conjunto que dirige Luisito completó el primer tercio del campeonato empatando un partido con el Silva que, por méritos sobre el terreno sintético de A Grela I, debería haber ganado con holgura, pero del que acabó llevándose un exiguo 1-1 que lo aleja ya a 6 puntos del primer puesto y la plaza de ascenso directo a Segunda Federación, ocupado una semana más en solitario por el Deportivo-Fabril.

Cierto es, el equipo arlequinado no mereció sumar al marcador antes del descanso. Solo Iñaki, que se plantó delante del portero local en el primer minuto de juego tras error clamoroso de Manteiga para estrellar el cuero en un poste, rondó el gol. Por lo demás, algún centro lateral, pero poca sensación de peligro de los de Luisito que, no obstante, ni mucho menos merecieron el mazazo del 1-0 a dos minutos del paso intermedio por vestuarios. Un gol nacido de una de las contadísimas llegadas de peligro generadas por el Silva, con Celis profundizando por banda para asistir con un pase atrás a Marcos Gómez, la brújula del conjunto herculino y el hombre que le dio su única alegría durante el partido, más allá del resultado final.

Seguir leyendo