Un cento de vilagarciáns poderán facer o remonte do Ulla de balde o día 17

La Voz VILAGARCÍA / A VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

. O prazo de inscrición está aberto ata o día 13 de xullo

13 jul 2022 . Actualizado a las 00:36 h.

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía promove a participación da cidadanía na Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, «A Orixe de todos os Camiños», invitando a asistir a ela de xeito gratuíto a 105 veciños. A concellería de Turismo contratou unha embarcación para facilitar a asistencia ao remonte do Ulla, que se celebrará o 17 de xullo pola tarde. Os interesados en embarcarse terán que inscribirse mediante solicitude presentada no Rexistro do Concello, na sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ou a través do mail turismo.vga@vilagarcia.gal. Unha mesma persoa non poderá figurar en máis de unha solicitude. O prazo de presentación vai dende hoxe 5 de xullo ás 9 horas do día 13 e o formulario de inscrición, así como as bases que rexerán o sorteo, poden obterse no taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal, na sede electrónica do Concello e na oficina de Turismo do Cavadelo.