A posta en escena correrá a cargo da International Ballet Company de Moldavia, o día 6
13 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A danza clásica regresa o mes de maio a Vilagarcía cun dos ballets máis representados en todo o mundo, A bela durminte, e coa música do xenial compositor ruso Chaikovsky. A International Ballet Company de Moldavia será a encargada de poñer en escena a coreografía deste conto de fadas o día 6 de maio, a partir das nove da noite, no auditorio municipal. As entradas xa se poden adquirir de forma anticipada a través de www.ataquilla.com ao prezo de 25 euros, cantidade á que lle hai que sumar os gastos de xestión. A Internacional Ballet Company é unha compañía de danza clásica creada polos premiados e aclamados solistas moldavos, Cristina e Alexei Terentiev, e integrada por bailaríns de Moldavia e Italia entre outros países. O traballo e esforzo dedicados durante moito tempo fixeron que este proxecto culmine nunha compañía que destaca pola depurada técnica dos seus bailaríns a pola excelente interpretación das coreografías.