Goleada, 6-1, do Atlético Arousana e triunfo do Chispa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os dous equipos arousáns móvense na zona alta da clasificación da Primeira División Galega de fútbol feminino

26 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Xornada redonda para a representación arousá na Primeira División Galega de fútbol feminino a vivida a pasada fin de semana. Con mención especial para un Atlético Arousana que se regalou unha goleada no Campo Municipal Manuel Jiménez a costa do filial do Victoria F.C.

Tras encaixar no minuto 12 o 0-1, o cadro vilagarcián foise xa ao descanso cun 4-1 ao seu favor, con tantos de Bárbara, de Diana, de Melanie e de Carla Falcón. Melanie, no minuto 82, e Diana, no 86, redondearon a tarde con cadanseu dobretes que deixaron o resultado do partido nun 6-1.

Pola súa banda, o Chispa de Corón superou 1-2 o Atlántida Matamá. Laura Rodríguez e Lucía García viraron o duelo a favor do cadro vilanovés na primeira media hora de xogo, co gol rival chegando no derradeiro minuto, de penalti. Tras tres xornadas, Arousana e Chispa suman 6 puntos e son segundo e cuarto.