Chega a hora das conclusións en «O sal do mar»

La Voz

AROUSA

Martina Miser

Foron catro os encontros desenvolvidos nos últimos meses

23 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Foron catro os encontros desenvolvidos nos últimos meses, en distintos portos da ría, para escoitar as voces das mulleres e o que estas teñen que dicir ao respecto de distintos aspectos do traballo do mar. Eses actos, nos que se abordaron cuestións cotiás e necesarias, estaban organizados polo Galp Ría de Arousa baixo o paraugas do proxecto «O sal do mar». Onte, en Vilagarcía, celebrouse a xornada final da edición deste ano, un encontro no que as participantes tiraron unha serie de conclusións a ter en conta e comezaron a trazar o rumbo da que será a vindeira edición. foto martina miser