O proxecto contará cun investimento de máis de 80.000 euros que facilitará a comunicación entre pemes e centros de I+D
13 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Un equipo da Mancomunidade do Salnés que está levando a cabo o proxecto «Interreg Novatfe: Novas oportunidades para pemes baseadas en tecnoloxías facilitadoras esenciais» viaxou ata as instalacións do Fab Lab León, en San Andrés de Rabanedo, para a realización dunha sesión de traballo cos responsables do centro de cara á próxima configuración dun laboratorio de prototipado e experimentación que a mancomunidade vai crear dentro das actividades do proxecto financiado con fondos FEDER. Un investimento de máis de 80.000 euros que facilitará a comunicación entre pemes e centros de I+D, a través da implementación dunha rede de cooperación e transferencia tecnolóxica, arredor das TFE.
As pemes e emprendedores que interesados neste tipo de proxectos poderán participar de maneira gratuíta das accións formativas e do equipamento.