O mapa da ría de Arousa incorpora unha lenda que prohíbe a entrada no centro á ignorancia
29 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.O instituto Fermín Bouza Brey despediu o curso máis difícil coa elaboración dun mural que reflicte un mapa de Arousa e os seus mares exteriores. Guiados pola arte de Gerardo Rodríguez e o saber clásico de Lorenzo Fraga, os alumnos foron quen de introducir unha lenda en latín que invita a aprender baixo o lema haec intra limina inscientia non licet: tras estas portas a ignorancia non está permitida.