A importancia silenciosa da atención temperá en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O acto levouse a cabo onte fronte o edificio do Ramal de Vilagarcía
O acto levouse a cabo onte fronte o edificio do Ramal de Vilagarcía Martina Miser

Un equiipo multidisciplincar axuda as familias de nenos e nenas con problemas de aprendizaxe

17 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

No Ramal, nun recuncho do edificio sociocomunitario da Xunta en Vilagarcía, opera a Oficina de Atención Temperá, un gabinete dende o que un equipo multidisciplinar se esforza por axudar as familias de nenos e nenas que poden ter algún trastorno ou problema de aprendizaxe. Detectar canto antes as dificultades coas que se poden ter que manexar esas crianzas é fundamental para darlles dende o primeiro momento a axuda que precisan para poder afrontar o mundo. Onte, con motivo da celebración do Día da Atención Temperá, as profesionais saíron á rúa para reivindicar o seu tan necesario traballo.